Ir o contido principal

Un paseo entre Lañas e Barrañán

Son tres obras que, de forma conxunta, supoñen a posibilidade de que os peóns camiñen o tramo entre Lañas, á altura da AC-552,  e o igresario de Barrañán por unha senda que non só humaniza o entorno, si non que mellora unha das interseccións máis utilizadas do municipio. os 

A primeira das obras inclúe, ademáis das melloras no cruce de Lañas, a creación dunha nova praza nun espazo que antes ocupaba a antiga caseta para peóns camineiros que xa foi derrubada polo concello e que ocupaba unha superficie de 91 metros cadrados. 

O obxectivo deste trraballos son mellora-la seguridade da estrada que comunica Lañas e Armentón e a humanización do entorno coa praza que, deste xeito, contará con mobiliario urbán e unha pantalla dixital informativa. 

As outras dúas obras continuarán a senda peonil para unir as parroquias de Lañas e Barrañán e completarán un traxecto no que xa exsitía algún tramo construído. 

 

 

obras
Obras na carretera de Lañas