A Xunta convoca 600 prazas para participar no programa de Benestar en balnearios
O programa inclúe catorce establecementos de toda a comunidade galega nos que se poden aplicar todo tipo de tratamentos, dende terapias respiratorias e reumatolóxicas, ata dermatolóxicas e outras.
O prazo para efectuar solicitudes remata o 17 de abril próximo.
Se precisan máis información poden consultar nos Servizos Comunitarios do Concello de Arteixo, no Centro de Maiores A Baiuca, ou no teléfono 981-65-90-95.