Arteixo entregará os premios ós mellores da provincia na V Gala do Deporte Base
O Centro Cívico e Cultural acolle o próximo xoves 23 de Novembro a V Gala Provincial do Deporte Base coa que se pretende recoñecer o traballo na promoción deportiva dos máis destacados deportistas e clubes coruñeses.
A cerimonia, a partir das 20,30 h, recoñecerá o labor de entidades do noso municipio como os Clubes de Natación e Balonmán Arteixo; ou a XX Carrera Popular Concello de Arteixo.
Os premiados son:
- Mellor Deportista Masculino: Miguel Alvariño
- Mellor Deportista Feminina: Irene Branco
- Mellor Club de Base Masculino: Club Baloncesto Culleredo
- Mellor Club de Base Feminino: Club Natación Arteixo
- Desenvolvemento do Deporte Base: Club de Patinaxe Artística Maxia
- Traballo de Formación: Club Balonmán Arteixo
- Integración Social Mediante o Deporte: Carreira Enki
- Mellor Promoción do Deporte Base: XX Carreira Popular Concello de Arteixo
- Apoio do Deporte Base: Jael Joyería
- Acción Solidaria: Carreira da Muller