Deportes publica a lista de admitidos na campaña de esquí
A letra resultante do sorteo foi a " F ".
As persoas que teñan praza adxudicada deberán entregar a seguinte documentación no Servizo Municipal de Deportes antes das 14.00 h do venres 16 de decembro. No caso que o Concello detecta que falta algunha documentación, non será admitida:
- Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titor/a do/a solicitante.
- Unha foto tipo carné.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria.
- Fotocopia do carné de identidade ou libro de familia.
- Pago da cota de inscrición (85€)
Todas as persoas solicitantes que non obtivesen praza, pasan a formar parte da listaxe de espera, segundo a orde que se especifica en dita listaxe