Preto de 300 estudiantes comezan o próximo luns un novo curso na Escola de Música
O luns 5 de outubro a Concelleira de Igualdade, Servizos socias, Sanidade e Educación inicia o curso da EMMArteixo adaptado á realidade COVID.
Unha das medidas de maior calado para a aplicación das medidas derivadas da nova normalidade é a ampliación de espazos para impartir a formación. Deste xeito evítase a confluencia de grupos numerosos para diminuir a circulación de persoas en horarios coincidentes. E tamén permite aplicar as medidas de hixienización e ventilación dos espazos.
Estamos falando de máis de 280 alumnas e alumnos que utilizan este recurso. Distintas edades, distintos niveis, distintas disciplinas. Un encaixe de opcións coa finalidade de que se cumpran as normas dictadas polas autoridades sanitarias:
- Adaptación dos espazos á ratio que permiten
- Distancia nos grupos
- Distancia nas disciplinas individuais
- Uso de mascarillas nas idades obrigatorias e de recomendación de uso nas idades non obrigatorias.
- Hixienización das persoas, dos espazos e dos materiais
- Tempos de tránsito entre grupos e persoas para ventilación
Todo esto implica a diversificación de material didáctico que debe utilizar profesorado e alumnado en calquera nivel. Supón maior dotación para que a utilización de máis espazos conte con instrumentos nas mesmas condicións de sempre.
Por todo esto, a EMMArteixo utilizará os seguintes espazos:
- Aulas e outras dependencias do Centro Cívico Cultural
- As dúas zonas da Aula da Natureza
- Auditorio do Centro Social de Meicende
- Espazo habilitado no local social de Meicende
Aínda debendo consultar os horarios os espazos e horarios específicos, a modo orientativo xeral cabe destacar o seguinte:
Sede de Arteixo:
- Música e Movemento: as mais pequechas e os mais pequechos terán espazo propio de uso exclusivo de luns a xoves. As características da actividade que se imparte con eles debe primarse e por eso recibirán a formación musical de iniciación e básica na primeira planta da Aula da Natureza. Dispoñen de acceso que só utilizará este alumnado.
- Clarinete: os venres dispoñen da zona superior da Aula da Natureza.
- Guitarra: unha disciplina con formación continuada ao longo de todos os días da semana que se impartirá na planta baixa da Aula da Natureza con acceso directo desde o exterior.
- O resto de disciplinas impartiranse no Centro Cívico cunha reorganización de zonas para que as medidas se apliquen exhaustivamente.
Sede Meicende:
- O Centro Social será a sede principal donde se imparta a formación. O auditorio dará cabida a todos os niveis e disciplinas. Pero a aula do local social sigue estando a disposición da EMMArteixo para que se poidan planificar actividades formativas complementarias si se considera necesario por aplicación da normativa sanitaria.
IMPORTANTE: as actividades ordinarias da EMMArteixo poderán modificarse para a adaptarse á normativa que diten as administracións con competencias en materia COVID.
O protocolo será remitido ás familias para xeral coñecemento das normas a cumprir en beneficio de todo o alumnado, profesorado e familias.
+ Info:
Correo electrónico:
educacion@arteixo.org
Teléfonos de contacto:
Escola de Música: 671582787
Departamento de Educación: 981647294