Prazo para a renovación de matrícula na Escola de Música para o curso próximo
Dende a Concellaría de Igualdade, Servizos Socias, Sanidade e Educación infórmase que comeza o prazo de renovación de matrícula do alumnado da EMMArteixo para o vindeiro curso 2021-2022 nas sedes de Arteixo e Meicende.
Os prazos son os seguintes:
Do 1 ao 15 de marzo (prazo de renovación de matrícula do actual alumnado, agás o alumnado que este ano cursa Básica II, que ten os seus propios prazos).
Do 22 de marzo ao 14 de abril (exposición das listaxes de renovación e posibles reclamacións).
Para máis información serán atendidos:
- No seguinte teléfono da EMMArteixo: 671 582 787
- No enderezo electrónico: emmaarteixo@gmail.com
IMPORTANTE: Poden acceder a información xeral e aos impresos nos adxuntos.