Preto de 160 pilotos competirán no circuíto José Ramón Losada
A catedral do autocross volverá a lucir as súas mellores galas esta próxima fin de semana coa celebración da XXII Edición do campionato de España que organiza a Peña Autocross Arteixo.
Preto de 160 pilotos chegados dende distintos puntos de España, Italia ou Francia participarán nesta proba, referente do automobilismo na península.
A presentación da proba, patrocinada por REPSOL, tivo lugar esta mañá na Casa do Concello. a subdirectora de PyO do Complexo da Coruña, Dácil Suárez, alabou o traballo da Peña Autocross nos últimos anos e apostou pola continuidade na colaboración entre o deporte e a refinería de A Coruña.
O club arteixán, desde a súa creación en 1982, conseguiu converter o circuíto José Ramón Losada nun punto de referencia do automobilismo nacional, que atrae a máis de 10.000 persoas cada ano. Algo que tamén destacou o alcalde, Carlos Calvelo.